miércoles, 23 de noviembre de 2011

PROXECTO "As gotiñas de auga"

Durante este primeiro trimestre, estamos traballando e investigando sobre as nosas amigas as gotiñas de auga.Fixemos moitas experiencias coa auga, xogamos a descubrir a súa cor, mesturámola con outras sustancias; o seu sabor para o cal probámola soa, con limón, con azucre, con sal... Tamén descubrimos os seus diferentes estados, para elo levamos un vasiño para as nosas casas, enchémolo de auga e metímolo no conxelador. Ao día seguinte sacámolo e levamos ao cole o noso vasiño conxelado, a auga era xeo, moi frio e duro!!! E moitas cousas máis que estamos descubrindo!!!

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
This digital scrapbook made with Smilebox

No hay comentarios:

Publicar un comentario