lunes, 21 de mayo de 2012

ACTIVIDADES EN LIÑA LETRAS GALEGAS

Na páxina do Seminario Galán atopamos actividades para traballar o autor homenaxeado neste ano 2012 no Día das Letras Galegas
Pincha na imaxe ;)

miércoles, 16 de mayo de 2012

Proxecto "Pequenos Artistas"

Neste trimestre, os nenos e nenas de 5 anos estamos traballando nun novo proxecto, esta vez estamos investigando sobre os grandes pintores e as súas obras. Para elo, o primeiro que fixemos foi preguntarlle as nosas familias o nome de un pintor e un dos seus cadros máis famosos. E así foi, con toda a información que trouxemos da casa construimos o noso recanto da arte. A partir de ahí comezamos a traballar naquelas pinturas que máis nos gustaron e as diferentes técnicas que empregan os pintores para realizar as súas obras de arte.E niso seguimos traballando! Pero un luns pola mañá, tivemos unha visita sorpresa! Veu a visitarnos un pintor, o "pintor José", que ademáis de ser pintor é profe no noso cole. Trouxonos un montón de cadros que pintou, e contounos como e con que materiais realizou cada un de eles! Foi unha visita moi agradable e agradecémoslle moito que compartira connosco o seu dote artístico!!
Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
A scrapbooking design by Smilebox

EXPOSICIÓN "LENDO EN FAMILIA"

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
This digital scrapbooking design generated with Smilebox

martes, 8 de mayo de 2012

ACTIVIDADE PARA TRABALLAR CON PAZ ANDRADE

Actividade NoteBook elaborada polo equipo de E. Infantil do Grupo de Traballo O EDI NA AULA do CEIP P. Infante Felipe de Borbón.
Para traballar con ela só temos que premer na imaxe e agardar á descarga.



viernes, 13 de abril de 2012

Proxecto "Visítanos un celta"

video
No 2º trimestre os nenos e nenas de 5 anos estivemos investigando a vida dos celtas, non sabiamos quen eran pero pouco a pouco, e con moita axuda das nosas familias, averiguamos moitas cousiñas de eles. Un día apareceu na nosa aula un ser extraño, que resultou ser un celta, ao que chamamos ZAC, e con el aprendimos como vivían, onde, como eran as súas casas, a que se adicaban, o que comían, o significado dos seus símbolos,... Canto traballaron estes peques!

miércoles, 11 de abril de 2012

Fran Alonso e a clase das Tartarugas

Fran Alonso é escritor.
O curso pasado a clase das Tartarugas leu un poema do seu libro "O meu gato poeta"


Despois dese día fixeron unha videoconferencia con el; vamos que falaron e intercambiaron cancións e poemas por medio da webcam e internet.




O mes pasado Fran Alonso visitou a biblioteca do cole, á do edificio de primaria, para falar cos nenos e nenas de 3º de Primaria que están traballando o seu libro "O meu gato poeta"


 e convidou á clase das Tartarugas para contarlles un conto.

 Tiñan os ollos, as orellas e ata a boca aberta con Fran Alonso diante...

Estivo xenial, moitas grazas Fran Alonso.