viernes, 13 de abril de 2012

Proxecto "Visítanos un celta"

video
No 2º trimestre os nenos e nenas de 5 anos estivemos investigando a vida dos celtas, non sabiamos quen eran pero pouco a pouco, e con moita axuda das nosas familias, averiguamos moitas cousiñas de eles. Un día apareceu na nosa aula un ser extraño, que resultou ser un celta, ao que chamamos ZAC, e con el aprendimos como vivían, onde, como eran as súas casas, a que se adicaban, o que comían, o significado dos seus símbolos,... Canto traballaron estes peques!

miércoles, 11 de abril de 2012

Fran Alonso e a clase das Tartarugas

Fran Alonso é escritor.
O curso pasado a clase das Tartarugas leu un poema do seu libro "O meu gato poeta"


Despois dese día fixeron unha videoconferencia con el; vamos que falaron e intercambiaron cancións e poemas por medio da webcam e internet.




O mes pasado Fran Alonso visitou a biblioteca do cole, á do edificio de primaria, para falar cos nenos e nenas de 3º de Primaria que están traballando o seu libro "O meu gato poeta"


 e convidou á clase das Tartarugas para contarlles un conto.

 Tiñan os ollos, as orellas e ata a boca aberta con Fran Alonso diante...

Estivo xenial, moitas grazas Fran Alonso.